3.10.07
Mapas
Xa está Mapas subido a Edugaliza. Con pouco traballo podemos logar uns resultados do máis aparentes, así que tan só tedes que descargalo e facer algunha actividade para as vosas clases. Se tedes dúbidas podedes recurrir á páxina de Edugaliza, a Fran Macías (o autor da utilidade) ou aquí mesmo.
Hoxe, para a clase de Coñecemento do Medio de mañá fixen unha imaxe ineractiva moi sinxela cos nomes en galego das principais partes do corpo que podemos explorar nun neno e nunha nena. Está en maiúsculas e non inclúe sons de momento.
Comentarios
2.10.07
Os medios de transporte
Sigo fedellando co Mapas e agora fixen unha pequena actividade para traballar os medios de transporte e elementos dunha rúa en inglés incluíndo un video en cada palabra. Recoñezo que neste caso os videos non están moi xustificados pero sí poden ser de utilidade noutros casos.Comentarios