6.4.08

PLAMBE 2008

Este xoves e venres celebrouse en Sanxenxo os terceiros encontros do PLAMBE (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares de Galicia). Aínda que desde sempre fun membro do equipo da Biblioteca escolar nunca asistín ás xornadas pois non desempeñei o cargo de coordinador. Este ano por mor dunha baixa sí tiven a sorte de ir. A organización está coidada ata o máis mínimo detalle, o lugar impecable, os ponentes do bo o mellor,... Parabéns a Pilar e Cristina. Nótase que non só son funcionarias senón que cren firmemente no que traballan. Algunhas notas do moito que se dixo: Tamén saquei algunha foto do evento. Deica outra!!!.


Comentarios

25.3.08

III Encontro de Edublogs

No blog de Carlos Santos enteirámonos que o III Encontro de Edublogs a nivel estatal se celebrará este ano en Santiago os días 3, 4 e 5 de xullo. Como o número de blogs no ensino en Galicia medra de xeito exponencial imos ter que pelexarnos para coller unha praza. Oxalá sexa un éxito.


Comentarios

23.2.08

Accesibilidade web

Os compañeiros de TADEGA brindáronos este sábado en Pontevedra unha interesante ponencia sobre a Accesibilidade Web. Estou comprobando que esta bitácora non obtén o aprobado. Intenterei mellorar.

Para os que queirades comprobar que tal estades de accesibilidade podedes ir a:


TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega)

Comentarios

6.2.08

Drawing for Children 2.2

O 26 de decembro pasado, Mark Overmars sacou unha nova versión (a 2.2) do Drawing for Children que inclúe pequenos pero útiles cambios coma a posibilidade de ter distintos tamaños para os debuxos, cargar arquivos jpg ou un completo formulario de configuración que nos permite personalizar o programa en función das características dos nosos alumnos.
Fixen un parche coa traducción ao galego do mesmo, no que incluín os novos módulos de "Imaxes Vectoriais" que fixera hai un par de meses.


Comentarios

5.2.08

Xogos Pregunta-Resposta

A pesares do compoñente conductista que poida ter este tipo de actividades, sen dúbida poden ser utilizadas axeitadamente polo mestre cos seus alumnos aproveitando o seu caracter lúdico e motivador. Son tres xogos que fixen recentemente co software do "Proxecto Xogamos?" recentemente premiado pola Consellería de Educación.

Comentarios

21.1.08

Don Emilio Calatayud en Pontevedra

O vindeiro mércores 30 de xaneiro estará en Pontevedra Don Emilio Calatayud, Xuíz de Menores do Xulgado nº 1 de Granada. Todos coñecemos as súas contundentes e clarificadoras opinións sobre a situación actual do mundo educativo grazas ao YouTube e algúns programas da tele. A conferencia está dirixida ás familias e profesorado. Ás 19,30 do mesmo día dará outra conferencia en Vigo.

Lembrade:

Data: Mércores, 30 de xaneiro, ás 17.00 horas

Lugar: Salón de Conferencias da Fundación Caixagalicia.


Comentarios

20.1.08

Mortadelo e Filemón cumpren 50 anos

Hoxe 20 de xaneiro, cúmprense 50 anos da publicación no número 1934 da revista Pulgarcito da primeira aventura de estos dous entrañables personaxes co título xenérico de "Mortadelo e Filemón, axencia de información". Grazas Ibáñez por tantos anos de bo facer e por entreter a xeracións e xeracións de nenos e adultos.
Para os apaixoados do mundo do cómic podedes comprobar cando lembrades destes e outros personaxes neste novo xogo do proxecto "Xogamos?". Tamén podedes crear os vosos propios tebeos co programa Comic Life.


Comentarios

9.1.08

Recurso para a Paz

Mentres a Igrexa condicione totalmente o calendario laboral dun Estado aconfesional coma o noso ocorrerán aberracións como a temperá Semana Santa de este ano ou a coincidencia no tempo do Día da Paz co Antroido.
Para quen non teña moito tempo para buscar recursos para traballar a Paz na aula, recoméndovos un xogo de preguntas-respostas que fixen co Xogamos?: Vai estalar a Paz!: Para 1 xogador. Xogo para traballar o Día da Paz respostando preguntas sobre a Paz no Mundo. Utilízase o simil da última bomba da que non sae terror e destrución senón unha pomba. Todas as preguntas permítennos navegar pola rede para ampliar coñecementos.



Tamén inclúo un listado de ligazóns que me pasou o amigo Luís:

ENLACES PARA A PAZ

http://www.sgep.org/modules/news
http://www.contosolidarios.org/contosolidarios.htm
http://es.youtube.com/watch?v=nFn6e3k7_ho
http://es.youtube.com/watch?v=jEOkxRLzBf0
http://es.youtube.com/watch?v=I-NRriHlLUk
http://es.youtube.com/watch?v=zq2Xy15UOmM
http://es.youtube.com/watch?v=t5zWfADKgGk
http://www.educacionparalapaz.org.co/recursos.htm
http://www.edualter.org
http://sapiens.ya.com/nbdorrio/recursos/paz.htm

ENGLISH

http://www.internationaldayofpeace.org
http://www.worldpeace.org/peaceday.html
http://en.wikipedia.org/wiki/International_Day_of_Peace
http://www.teacherplanet.com/resource/peaceday.php
http://www.worldpeaceday.com
http://www.internationaldayofpeace.org/peaceday/austria/index.htm
http://www.un.org


COLORING PAGES

http://www.coloringcastle.com/peace_coloring_pages.html
http://coloringpictures.blogspot.com/2007/01/coloring-peace-day.html

Comentarios

22.12.07

Proxecto XOGAMOS?

Pois sí. A Xunta xa colgou os traballos recentemente premiados nos "Recursos educativos para a Sociedade da Información 2007". Entre eles temos o "Proxecto XOGAMOS?":

Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos adicados á elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta.

As ferramentas que inclúe para a creación de xogos son:

As potencialidades da ferramenta son moitas, pero como mostra podedes ver algúns dos exemplos que incluimos.


Comentarios

18.12.07

Premios a Recursos educativos para a Sociedade da Información

No DOG de hoxe saeu publicada a resolución dos Premios a Recursos educativos para a Sociedade da Información en catro categorías: A.- Ferramentas de Autor; B.- Materiais curriculares web; C.- Galerías de imaxes e videos didácticos; e D.- Aplicacións de software libre. Recoñecéronse por fin traballos moi interesantes coma o Shell Traducíndote ou o Galinux-Slax. Sen embargo a maioría dos traballos e autores son totalmente descoñecidos para mín. Pola miña banda e a dos compañeiros Fran e Felo as máis sinceiras grazas polo premio ao Proxecto "Xogamos?".

Comentarios

9.12.07

Módulo para o Drawing for Children

Esta semana fixen un módulo co que podedes engadir máis imaxes vectoriais ao Drawing for Children (un dos apartados máis incompletos de este programa de debuxo). Tede en conta que se previamente variáchedes a ruta de instalación do programa C:\Archivos de programa\Drawing for Children , tamén tedes que variar a ruta de instalación do módulo pois en realidade é un parche que debe instalarse no mesmo lugar que o programa orixinal.
Os novos sete temas de imaxes vectoriais que incluín son: Billetes de euro, o Nadal, os Alimentos, o Verán, Flores, Celebracións e un novo cartafol de Animais.


Comentarios

Nova web

O mes pasado con motivo dunhas ponencias que me encargou o Cefore de Pontevedra sobre "Software educativo en galego" fixen unha web na que pretendín dar unha panorámica do moito (aínda que nunca suficiente) que temos na nosa lingua. Incluín nela tres tipos de materiais: ferramentas coas que os docentes podemos crear os nosos propios recursos, recursos educativos xa creados e listos para ser utilizados na aula, e por último ligazóns a páxinas interesantes para a nosa laboura como docentes. Por se a alguén lle pode ser de utilidade aí queda.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?