<$BlogRSDUrl$>

28.12.08

Actividade Lúdica con LIM

Ademáis de todo o potencial que ten LIM para crear paquetes de actividades educativas, tamén podemos realizar xogos de caracter esencialmente lúdico ou puros divertimentos. Nesta ocasión, fedellando co tipo de actividade "Mover imaxes" fixen este paquete no que seguindo as regras da brisca tes que gañar cada man.... Sorte!.




Comentarios

19.12.08

Premios a recursos educativos para a sociedade da información 2008

No DOG de hoxe venres saiu publicada a orde de concesión dos premios a recursos educativos para a sociedade da información 2008. Entre os premiados hai docentes moi coñecidos neste campo como Manuel Morán e outros menos. Agardemos a que no portal de contidos poñan pronto algunha ligazón para aos diferentes recursos para empezar a utilizalos nas nosas aulas. Pola nosa banda este ano repetimos Fran Macías, Felo Couto e eu coa ferramenta de autor "Imaxes Interactivas". Cando esté publicada falaremos máis dela.

Lista completa de premiados:

Modalidade A - Ferramentas de autor:

1º Premio: Imaxes Interactivas

Modalidade B - Materiais curriculares web e para encerado dixital:

1º Premio: Viaxe ás estrelas
2º Premio: Curso I.A.I.
3º Premio: Recursos educativos para encerado dixital ESO e bachillerato
3º Premio: Pintores que molan
3º Premio: O blog de tecnoloxía: cara un modelo colaborativo

Modalidade C - Galerías de imaxes e vídeos didácticos:

1º Premio: Guias varias: uso do vídeo na educ. viaria
2º Premio: Olladas sobre Ramón Piñeiro
3º Premio: Obradoiro de tecnoloxía
3º Premio: Xesús María Álvarez Vázquez: un erudito completo

Modalidade D - Aplicacións de software libre:

1º Premio: Max web, unha interface web para o Programa Maxima
2º Premio: Bolsa de traballo no IES de Teis
3º Premio: Dynpres


Comentarios

18.12.08

A ratiña Lola

Despois de que ninguén das distintas consellerías se interesase por ese sensacional xogo para nenos e nenas de 0-3 anos en galego do que fixeran hai uns anos unha campaña por todo o alto con reparto masivo de CDs e unha web que ninguén se lembrou de renovar, un blogueiro de pro "Opaco" colgou de novo a web "Cativadas" no seu blog para que nenos, pais e mestres poidamos continuar utilizándoo vía web nos nosos centros ou fogares.




Ah... por se alguén se quedou sen o CD no seu momento pode descargar todo o xogo desde esta ligazón: cativadas.zip

Comentarios

17.12.08

LIM e Ardora no Platega

Podemos ler na magnífica e en certo modo descoñecida páxina da REDETIC o anuncio do prazo de inscrición de dous novos cursos a distancia moi relacionados coas NNTT e o galego. O anuncio é o seguinte:

"A partires do próximo mes de febreiro poñeranse en marcha dous novos cursos de formación a distancia en PLATEGa. Os cursos están relacionados coas ferramentas de autor LIM e Ardora. Para inscribirse nas actividades premer no enderezo http://www.edu.xunta.es/fprof e buscar estas referencias:

* X0804047 - LIM e o proxecto Xogamos? Aplicación didáctica
* X0804048 - Creación de actividades en liña con Ardora. Uso didáctico
Data límite de inscrición nas actividades ata o próximo día 9 de xaneiro"

Ambos cursos están deseñados para 50 alumnos e constan dun total de 30 horas . A temporalización do mesmo é do
02/02/2009 ao 15/05/2009 .



Comentarios

15.12.08

A escola das Areas

Grazas a un post de Paco Díaz na sempre recomendable GalegoXDocentes descubro esta curta de gran calidade e utilidade para a promoción do ensino en galego, que falta fai nestes tempos revoltos para a lingua.
É unha animación en plastilina, baseada nun texto de Frai Martín Sarmiento. Frei Martín Sarmiento vén a Pontevedra para buscar un remedio para a variola. Alí discute cun mestre sobre a necesidade de lles ensinar aos nenos o galego. Para demostrar a súa tese en favor do noso idioma, Sarmiento aposta que pode ensinarlle a un rapaz, Alfonsiño, a ler e escribir en tres días co seu propio método educativo.


Comentarios

Goear

Hoxendía de todas as posibilidades de montar un podcast (blog con son) a mellor opción é o Goear xa que me permite engadir a música que queira simplemente pegando o código que me ofrece a web de xeito similar ao youtube, pero tamén se me rexistro gratuitamente podo subir os meus propios arquivos de son en mp3 e colgalos na web ou blog. O substituto perfecto das xa antigas radios escolares.
Como exemplo déixovos á miña sobriña Carmen recitando de memoria e en castelán os lindes de España como se facía hai cincuenta anos (ten catro anos e aínda non sabe ler). Que ninguén se asuste... o obxectivo de este recital é unha obra de teatro que fan no seu cole no festival de Fin do Primeiro Trimestre.


Comentarios

8.12.08

Format Factory en galego

Xa está incluida na nova versión de Format Factory (a 1.65) a traducción que fixen recentemente ao galego. Para quen aínda non o coñezades, este completo programa gratuito permite a conversión de todo tipo de formatos: video ( MP4, AVI, 3GP, MPG, FLV e MOV); imaxe (JPG, BMP, PNG, TIF e ICO), audio (MP3, OGG, WMA, M4A e WAV) ademáis de moitas outras posibilidades. Permite tamén ripear películas que se atopen en DVD, reparar arquivos de vídeo e audio que se atopen danados, ou reducir o tamaño dos arquivos multimedia.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?