29.1.06
30 de xaneiro
Cos meus mellores desexos: que teñades un feliz e festivo Día da Paz. E para os que aínda estedes buscando algún recurso para a aula para esta semana que empeza, podedes visitar a magnífica páxina de Norberto con múltiples recursos para este e outros Días.
Comentarios
Efelcren
A Área de E-Learning do CESGA está presentando o Efelcren (Entornos educativos flexibles e creativos):
Efelcren é un proxecto educativo financiado pola Comisión Europea no marco do programa Sócrates-Comenius 2.1. Esta iniciativa ten unha duración aproximada de 36 meses e está coordinada pola Universidade de Santiago de Compostela.
O proxecto abordará a análise e desenvolvemento dun espacio de traballo colaborativo para a creación e a validación de materiais didácticos, que serán empregados en espacios de formación on-line de Educación Primaria e Secundaria. Para logralo, a iniciativa contará coa participación non só de profesores, senón tamén de investigadores en didáctica e novas tecnoloxías, técnicos TIC e estudiantes europeos, que permitirán establecer, baixo criterios didácticos comúns, as mellores estratexias para a aprendizaxe electrónica.
Os materiais didácticos elaborados poñeranse á disposición da comunidade educativa a través dun repositorios de obxectos de aprendizaxe online en diferentes idiomas. Todo isto ca fin de que calquera profesor, en calquera lugar de Europa, poida aplicar os mesmos métodos e adaptalos ás súas propias necesidades, redundando así na mellora do proceso educativo.
Comentarios
26.1.06
Chega o LIM
O mestre e informático Fran Macías está presentando -despois dun ano de retoques- o LIM: Libros Interactivos Multimedia que presenta múltiples posibilidades no eido educativo con actividades de resposta múltiple, quebracabezas, sopas de letras, atopar parellas, Raios X, clasificar textos ou imaxes,... e o mellor de todo: facilmente configurable co editor Edilim e o resultado en formato flash.
Comentarios
16.1.06
Nova edición do Xornal Educativo
Dende setembro de 2003 é a quinta edición do Xornal Educativo dixital da Consellería de Educación. Nesta ocasión recóllense traballos desenvolvidos por mestres e alumnos sobre: o entroido, os maios, contos e lendas da Terra, persoeiros coma Lugrís Freire, o Foucellas ou Maruxa Mallo,... Un interesante recurso para consultar cos nosos alumnos.Comentarios
12.1.06
Siega 2005
Xa saeu a resolución dos Premios Siega 2005. Vese como a calidade dos traballos premiados aumenta ano a ano, o que non me pareceu de recibo é que a metade dos premios fosen declarados desertos. Algo similar xa sucedera cos premios de Innovación Educativa. Non creo que fose problema de calidade dos traballos, máis que nada tacañería dos novos mandamais, que se contradí co mantemento de certos proxectos do anterior goberno de dubidosa eficacia.Comentarios