23.2.08
Accesibilidade web
Os compañeiros de TADEGA brindáronos este sábado en Pontevedra unha interesante ponencia sobre a Accesibilidade Web. Estou comprobando que esta bitácora non obtén o aprobado. Intenterei mellorar.
Para os que queirades comprobar que tal estades de accesibilidade podedes ir a:
Comentarios
6.2.08
Drawing for Children 2.2
O 26 de decembro pasado, Mark Overmars sacou unha nova versión (a 2.2) do Drawing for Children que inclúe pequenos pero útiles cambios coma a posibilidade de ter distintos tamaños para os debuxos, cargar arquivos jpg ou un completo formulario de configuración que nos permite personalizar o programa en función das características dos nosos alumnos.Fixen un parche coa traducción ao galego do mesmo, no que incluín os novos módulos de "Imaxes Vectoriais" que fixera hai un par de meses.
Comentarios
5.2.08
Xogos Pregunta-Resposta
A pesares do compoñente conductista que poida ter este tipo de actividades, sen dúbida poden ser utilizadas axeitadamente polo mestre cos seus alumnos aproveitando o seu caracter lúdico e motivador. Son tres xogos que fixen recentemente co software do "Proxecto Xogamos?" recentemente premiado pola Consellería de Educación.- Nature Trail (1 xogador) :
Trátase dun programa para un xogador no que terá que amosar o vocabulario que posúe en inglés sobre termos relacionados coa natureza. Utilizamos para elo fotos do noso colexio, moi sensibilizado polo Medio Ambiente. Con cada pregunta acertada, a rá dará un salto. Gañamos cando non quedan rochas a saltar e a rá ten que meterse na lagoa. Pensada para alumnos do 3º Ciclo de Primaria. Ten son. As preguntas e fotos das mesmas foron elaboradas por unha compañeira do colexio: Teresa Fariña. - Nature Trail (2 xogadores) :
É o mesmo xogo anterior pero pensado para competir entre 2 xogadores. Aquí unha rá amarela e unha rá verde compiten para ver quen é quen de saír da lagoa e comer unha mosca que está situada fóra. As preguntas son as mesmas da aplicación anterior (polo tanto en inglés e relacionadas coa natureza). Está pensada para alumnos do 3º Ciclo de Primaria. Ten son. - O nome das cousas (1 xogador) :
Dora a Exploradora quere chegar xunto ao seu amigo Botas e para elo ten que acertar cinco preguntas correctamente sobre a letra na que comezan unha serie de obxectos cotiás. Está pensado para alumnos e alumnas de Infantil de 5 anos ou 1º de Primaria onde os nenos están iniciándose na lectura. Moi recomendable aplicar coa PDI (Pizarra Dixital Interactiva) para o cal o panel coas respostas está situado na parte inferior da pantalla para que os nenos poidan chegar facilmente.
Comentarios