9.11.07
4 pingas de país
Cando parece que está todo inventado e as actividades formativas das distintas entidades son unhas un calco das outras, vemos con sorpresa un novo formato en tan só catro xornadas: "Catro pingas de país: Foro da Ciencia e Cultura en Galicia". Conferencias e foros a cargo de Isaac Díaz Pardo, Uxía Blanco, Betty Mireya Leon Fing e Marilar Aleixandre. Parabéns, Paco e oxalá a iniciativa teña continuidade noutros anos, que quedan moitas máis pingas coas que poidas deleitarnos.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiE4ooAXl0rumO_CJLTqCcOwVsxRlg1C13OUhy2sHvc6-jy4hzwwfiLYu0BN2_IEv7_0aLNxWZ_R8vvXimjbL2MkHcK1gxSPHNOKbGoaW34OyMGrwmH8uw16VinH0VBsL2yHHza/s400/pingas.png)
Comentarios