28.4.07
Letras Galegas 2007
Como o Día das Letras se aproxima, como todos os anos preséntovos algún recurso que fixen co que poder traballar a esta descoñecida poetisa que homenaxeamos este ano: María Mariño Carou:- O traballo na época de María Mariño:WebQuest feita co PHPWebquest para traballar como era a realidade económica galega na primeira metade do século XX. Está pensada para alumnos de Primaria.
- Fórmula 20: Aplicación feita co programa Fórmula20 de Fran Macías fixen na que dous alumnos compiten para ver quen é quen de acertar antes 20 preguntas . Propoño dous temas: O significado do Día das Letras Galegas e a Vida e Obra de María Mariño Carou. Este recurso atópase dende o mes de outubro pasado en Edugaliza.
Comentarios
19.4.07
Folga
O próximo xoves 3 de maio os mestres de Infantil e Primaria estamos convocados a ir á folga en defensa da xornada continuada matinal de xuño e setembro. A lóxica pedagóxica da reivindicación non a dubida ninguén (sobre todo nos centros de xornada partida) e a suposta conciliación da vida familiar e laboral coa medida é moi discutible. Vémonos no Toural en Santiago ás 11,30.
Comentarios