29.4.06
Chuza e Docencia
Unha das últimas revolucións no mundo internauta foi o portal meneame.net , desenvolto por Ricardo Galli (baseado á súa vez en Digg y Reddit pero mellorado, ampliado e modificado) , onde unha serie de usuarios -rexistrados ou non- seleccionan novas diarias pasando as mesmas á páxina principal segundo o nivel de votos acadado e a importancia deses votos en función do peso que teñan quen a votaron segundo o seu grado de participación e compromiso no proxecto.
Aproveitando o código fonte desta ferramenta están desenvolvéndose con gran éxito dúas iniciativas moi relacionadas con esta blog:
- Chuza ( http://chuza.org ): O meneame galego con 196 usuarios rexistrados e un grande volume de actividade. Ideal para ese 14% de usuarios de xornais que prefiren a versión dixital á versión en papel.
- Docencia ( http://www.docencia.es ): Co mesmo funcionamento que as anteriores pero centrado no mundo educativo. Está en castelán. A ver cando alguén se anima en facer un Docencia na nosa lingua.
Comentarios
22.4.06
Unha suxestión
E agora que chega o bo tempo unha suxestión para os que non se conforman con quedar na casa vendo a tele.
Comentarios
7.4.06
Premios educativos 2005
Hoxe en Santiago, na Consellería de Presidencia, entregáronse os Premios á Innovación Educativa, Innovación Educativa sobre os temas transversais, Enerxías Renovables de Galicia e Premios Siega 2005. Un bo pretexto para reatoparnos con caras amigas ou polo menos coñecidas. Durante o transcurso do acto, a Conselleira anunciou a vindeira convocatoria onde se producirá unha redefinición dos premios pasando os Siega a englobarse nunha categoría espacial dentro dos de innovación. O que si parece segura é a desaparición dos premios ás webs dos centros.
Podes consultar os distintos premios aquí.
Enviarase un DVD a cada colexio coa totalidade dos traballos premiados.
Comentarios
6.4.06
Constituida a Asociación PuntoGal
Como conta a nova web de Galego21 (o auténtico Galego21, o de toda a vida, onde están alonxados os paquetes clic dentro do lapisdecores), acábase de contituir en Santiago a promotora da Asociación PuntoGal, que ten como obxectivo a consecución do dominio .gal como espazo propio na internet para a cultura e a lingua do país. Diversas organizacións do País avalarán a candidatura diante da Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), organismo internacional que se encarga de autorizar e de recoñecer os dominios. Adiante coa iniciativa!.
Comentarios
5.4.06
EnBlogs'06
O Consello da Cultura Galega (CCG) celebrará o 19 de abril EnBlogs'06: Encontro de blogs de Galicia e Portugal. Con esta convocatoria, o CCG quere abrir as súas portas ao debate, a reflexión e o intercambio entre os membros da comunidade blogueira galega e portuguesa e a todos os interesados nos novos fenómenos de comunicación en Internet . O encontro quere reflexionar sobre os grandes e pequenos temas que rodean a creación de bitácoras: a tecnoloxía, o marco legal, os cambios sociais, as experiencias persoais e colectivas de creación, difusión e distribución de información e ideas a través deste formato.
A incripción é gratuita. Tan só hai que cubrir un sinxelo formulario. O programa da xornada é do máis completo: Novidades tecnolóxicas asociadas a esta ferramenta, o crecemento expoñencial, marco legal, sindicación de contidos e o máis selecto do panorama blogueiro galego: Aduaneiros, Todonada, Ascárida, Dorfun, ...
Comentarios