18.5.07
Comparacións odiosas
Un compañeiro mestre acábame de pasar esta ligazón que invita a reflexionar seriamente e deixarnos de tanta demagoxia cos informes PISA e outros similares da OCDE sobre o fracaso escolar español en comparación co éxito finlandés, sen atender a outras variables que non sexan o profesorado. Hai moito mito que derrubar: horas de docencia, soldos, investimentos,...
Comentarios
8.5.07
Finalistas nos I Premios edublogs
Cinco blogs educativos galegos resultaron finalistas nos I premios espiral edublogs en diferentes categorías:Blogs de centro:
- Guía de Información académica e Profesional (do IES García Barbón)
- Caderno de bitácora. IES Isaac Díaz Pardo (do IES de Sada)
Blogs colectivos:
- Blogs dos Grupos de Traballo do IES García Barbón (IES García Barbón)
- A Nosa Biblioteca 3.0 ( blog da biblioteca do IES As Mariñas en Betanzos)
Blogs de aula:
- O Redactor dixital (do CEIP O Piñeiriño en Vilagarcía de Arousa)
O próximo domingo 13 de maio fallaranse os premios de este I Premio Espiral Edublogs. Desde o 27 de febreiro foron sucedéndose as propostas ás diferentes candidaturas con un total de 179 edublogs. A proclamación e entrega dos mesmos será na Xornada Espiral o 8 e 9 de xuño.
Sorte a todos!
Comentarios
4.5.07
A Piñón fixo
A Consellería amosa unha vez máis a súa falta de talante e ameaza tras valorar a contundente resposta do profesorado con : "Tras analizar estes datos, o equipo da Consellería de Educación entende que o acordo asinado coas organizacións sindicais que representan a maioría do profesorado é o camiño que debe seguir a Administración educativa a partir deste momento" en Xornal.com.
Nós, con máis sentido do humor a pesares do que se nos aveciña cantámoslle .
E se non puideches ir podes vernos aquí.
Comentarios
3.5.07
Fotos da folga
Hoxe manifestámonos civicamente en Santiago loitando polos nosos dereitos. Se non puideches estar podes ver aquí algunha foto.Comentarios
Xuño do 2008 - 14,20 horas
Un amigo mandoume unha foto de como a Consellería e algunhas Organizacións sindicais entenden a calidade educativa. Grazas, Rafa.Comentarios
2.5.07
Indignación
O envio masivo de emails por parte da Consellería ao profesorado de Primaria está provocando o efecto contrario ao pretendido: compañeiros que dubidaban se ir ou non á folga xa o teñen decidido. Mañá estarán en Santigo ás 11,30 na Praza do Toural.Hoxe unha das webs máis visitadas foi o foro do Steg (o único foro público sen moderador no que os mestres nos podemos expresar libremente). A ver se os demáis sindicatos seguen o exemplo en canto ao foro, non sobre a súa inexplicable decisión sobre a folga, sobre todo se temos en conta as declaracións de Concha Fernández, membro do Secretariado Nacional.
Comentarios