27.3.07
DE-MA-GÓ-XI-CA
A Consellería de Educación sorpréndenos día a día con decisións do máis demagóxicas:- Mandan unha manchea de ordenadores aos centros que logo non funcionan esquecéndose do fundamental: unha formación en condicións e da figura do orientador tecnolóxico tanto tempo demandada e que sí posúen outras Comunidades.
- Organizan multitude de premios e convocatorias de xeito totalmente propagandístico: hai que vender a moto diante dos compañeiros nos claustros e logo diante dos pais no Consello Escolar para moi poucas prazas.. No caso dos premios é mais sangrante pois incrementan convocatoria a convocatoria o seu número para logo deixar gran cantidade desertos (pero eso xa non se dí).
- Fan unha convocatoria desmesurada de prazas nas vindeiras Oposicións hipotecando o futuro de moitos compañeiros contratados ou interinos que dependen dunha proba que todos sabemos a gran cantidade de variables das que depende, e non todas son obxectivas.
- Agora somos os culpables de que non exista conciliación na vida familiar dos galegos pola redución dunha hora no período de adaptación de xuño e setembro. A medida é avalada por aqueles que conciben a escola como almacén 24 horas e así nos vai. É máis doado que os nenos permanezan máis tempo nos colexios que loitar coa patronal e tomar medidas de máis calado para que os pais que traballen poidan estar máis tempo cos seus fillos.
Comentarios
16.3.07
PDF-ShellTools
Nos últimos tempos o PDF convertiuse no standard dos formatos para gardar e mandar os nosos arquivos de texto. Acabo de traducir ao galego un programa que engade funcionalidades extra aos documentos en PDF directamente dende o contorno de windows:PDF-ShellTools beta 1.0 build 8
Esta aplicación componse de tres pequenas utilidades que amplian a funcionalidad da contorna de Windows para operar con algunhas particularidades dos documentos PDF. Estas pequenas utilidades son PDF-InfoTip, PDF-InfoEdit e PDF-Anonymizer.
Comentarios
8.3.07
Día da muller
Hoxe é 8 de marzo: Día Internacional da muller traballadora. O camiño é máis lento do que quixeramos pero non ten volta a trás. Adiante e ánimos a todas!.
Algúns sitios imprescindibles para visitar neste día son: A web de Norberto , Vieiros ou Vieiros da escola .

Comentarios
7.3.07
I Premio Espiral de Edublogs
Os de Espiral lanzaron o I Premio Espiral de Edublogs que pretende, entre outras cousas:
Nel teñen cabida blogs educativos en diversas linguas entre elas o galego.
Para máis información: I Premio Espiral de Edublogs.
(Grazas a Sekeirox pola nova)
Eu xa me anotei, a que esperades???.

Comentarios