30.1.07
Día da Paz
Hoxe foi o día de Solta de Pombas Universal, soltáronse millóns de globos, fixéronse miles de murais, cantos ao ceo,... agardemos que todo este esforzo sirva para algo, que falta fai. Os meus alumnos deixaron os seus desexos no blog no que escriben de cando en vez.

Comentarios
28.1.07
Disco duro virtual
A rede ofrécenos cada vez máis e mellores recursos para o traballo docente. Das últimas novidades (que circula pola rede xa dende hai máis de 2 anos pero con algunha eiva xa arranxada), unha das aplicacións gratuitas con máis posibilidades é o Gmail Drive que nos permite usar o espazo que nos da unha conta de correo de GMail (casi 3 Gb) coma se fose un disco duro virtual desde o noso PC.
O procedemento é ben sinxelo: abrir unha conta de Gmail (se algún non sabe como, podo mandarlle unha invitación), instalar o programa Gmail Drive, ir a Mi PC e ver o disco duro virtual creado, e por último abrilo e poñer o nome da conta de correo e o contrasinal.
Unha posibilidade moi útil para coordinar e compartir arquivos entre os membros dun Seminario Permanente, Grupo de Traballo ou simplemente para ter a man os nosos arquivos independentemente de se estamos utilizando o ordenador do Centro de Traballo ou na Casa, sen ter que levar os tan perdidizos Pendrives.

Comentarios
8.1.07
Mil grazas
Hai menos dun mes que daba a coñecer a aplicación "Etnonet 2.0 - Enciclopedia Interactiva da Cultura Galega" en Edugaliza, e son moitos xa os correos recibidos interesados polo proxecto e xornais e colectivos que se fixeron eco da nova ( Vieiros, Código Cero , Chuza, Galicia Confidencial, Boedense, Ciberirmandade da Fala, A Web de Norberto, A Peneira, Diario de Arousa, ...). Mil grazas a todos.Comentarios
6.1.07
Día de Reis
De momento non temos unha boneca que fale galego pero si moitos xogos gratuitos que ocupan pouco e sí están en galego. Non son programas recentes e hai moitos máis pero para quen queira xogar en galego ahí van:- Dam 2.2 (un sensacional e completo xogo de Damas 10 X 10 que nada ten que envexar a outras opcións comerciais).
- PacWorld (o típico comecocos con diferentes niveis).
- PhotoInvaders (para xogar aos marcianiños totalmente configurable).
- Crazy Minesweeper (máis ca un buscaminas. É Shareware).
- Aba Daba (Para xogar ao "Cinco en liña" con moitas posibilidades).
- Tetris (o popular Tetris pero un pouco cutre pois non marca as puntuacións).
- Labirinto (para resolver labirintos usando as frechas do teclado).
- Glest (Videoxogo de calidade con sensacionais gráficos en 3D e con moi poucos recursos feito por un grupo de mozos galegos).
- SimpleSudoku (o divertimento matemático de moda con diferentes niveis de dificultade e posibilidades de xogo).
E moitos máis. A disfrutar, que non todo son bonecas faladoras...
Comentarios