21.10.06
300 programas !!!
No día de hoxe o Freeware World Team, o banco de programas gratuitos en galego, chegou aos 300 programas e aplicacións. Non é que o número en sí signifique gran cousa pero estamos nunha cantidade o suficientemente importante como para ter en conta. É certo que moitos deles non son de código aberto e para os puristas o freeware propietario non conta, pero para os que non sabemos programar e movémonos neste mundo como simples usuarios, é unha nova importante.Comentarios
14.10.06
Internet como recurso na área de Lingua Galega
Este luns 16 de outubro, organizado polo Cefore de Pontevedra, comeza o cursiño de 25 horas que leva por título "Internet como recurso na área de Lingua Galega". En tan só oito días vaise facer un percorrido polo microuniverso da informática en Galicia, cos autores de experiencias tan significativas como son: Edugaliza, o Portal de Contidos da Consellería de Educación, Ardora, Galicia Encantada, Vieiros da Escola, o mundo das WebQuests,... De seguro que quedan cousas atrás -aproveitables para outras edicións se o cursiño ten boa acollida- pero estou convencido de que se non todas, sí moitas das iniciativas aquí presentadas serán de interese para os docentes preocupados polas TICs.
Comentarios