30.5.06
Plan anual de formación do profesorado 2006-2007
Xa saiu no Portal educativo da Xunta o Plan anual de formación do profesorado 2006-2007 sen grandes cambios con respecto a edicións anteriores. No Platega hai 23 cursiños -agardemos que con maior número de prazas que o ano pasado onde moito profesorado quedamos fóra-. Como nota salientábel o novo sistema de busca de cursiños por especialidade que mellora o arquivo pdf que se podía descargar en edicións anteriores.

Comentarios
22.5.06
III Resaka das Letras en Pontevedra
Pontevedra é punteira en moitas cousas, máis na atención ás Novas Tecnoloxías, TICs, Blogs,... está un pouco rezagada. Na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra están argallando a III Resaka das Letras, consistente nunha xornada de conferencias por parte de expertos nas webs o martes 23 ás 16:15, en plena resaca da semana das Letras, na aula 7 da Facultade abriranse novas portas á comunicación en galego.
Podedes consultar o interesante programa na web de Vieiros.

Comentarios
21.5.06
Sae un novo número de Saudiña
E xa van 12. Esta semana chegou aos nosos centros un novo número da revista Saudiña que editan conxuntamente as Consellerías de Educación, Sanidade, Indústria e Medio Ambiente sobre os contidos transversais. A partires de agora comprométense a editar puntualmente dous números anuais (ate o de agora a periodicidade era incerta). Aparecen nesta ocasión tres novas sección: Xogos tradicionais, Música para querernos e Museos de Galicia. Hai artigos moi interesantes sobre a educación de nenos de etnia xitana, medidas de actuación ante o alumnado inmigrante, bullyng na escola,.... Tamén incluiron un artigo que escribira o curso pasado sobre a utilización de blogs na escola en primaria (páxinas 40 e 41).
Só lle faría unha suxestión aos responsables da edición: Que lle cambien a portada dunha vez por todas á revista xa que sempre parece a mesma.

Comentarios
16.5.06
Lim 2.0
Para celebrar o Día das Letras Fran Macías fainos un bonito agasallo: a nova versión de LIM (o Lim 2.0) que como principais novidades ofrece:- Unha mellora e ampliación das páxinas que xa existían na versión anterior.
- Novas páxinas: reloxo, operacións matemáticas, escoller entre varias imaxes/textos e panel ( páxina para presentar información nos encerados dixitais interactivos).

Comentarios
13.5.06
Regresa "Vieiros da Escola"
Cando xa parecía que o proxecto morrera, vemos como Vieiros da Escola renace das súas cinzas agora xestionado pola Nova Escola Galega. Parabéns a Luis e Ester pola anterior etapa que aínda se pode consultar no portal. Nesta ocasión está adicado ao 17 de maio. Agardemos a que non sexa unha excusa para non facer o tan agardado Especial do Día das Letras co que nos agasallan puntualmente cada ano dende o 96.

Comentarios