<$BlogRSDUrl$>

24.11.05

I Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual

O Consorcio Audiovisual de Galicia está a organizar o I Encontro Internacional sobre Educación Audiovisual que terá lugar os días 5, 6 e 7 de decembro na sede da EGAP en Santiago de Compostela. Ten moi boa pinta a pesares do maratoniano das tres xornadas en plena Semana Fantástica.
O prazo de matrícula (gratuita) é ata o venres 25 deste mes.


Comentarios

Premios Innovación Educativa 2005

No Portal Educativo da Xunta están saíndo nos últimos días o resultado das convocatorias dos Premios de Innovación Educativa e Innovación educativa sobre os temas transversais. Noraboa aos premiados e a tódolos participantes!.

Comentarios

22.11.05

Apertium

O Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo acaba de poñer en marcha o primeiro tradutor automático galego-castelán-galego de carácter gratuíto. A través deste servizo de nome Apertium pódense:
  • Obter traducións automáticas de documentos (txt, .rtf ou .html) sen límite de caracteres,
  • Traducir automaticamente o texto escrito na pantalla, ou mesmo
  • Navegar "en tempo real" pola web en galego sobre webs en castelán ou en castelán sobre webs castelás.


  • Comentarios

    21.11.05

    Ardora

    José Manuel Bouzán do Colexio de Palmeira acaba de realizar unha sensacional aplicación en formato html mediante applets de java para poder ver directamente co noso navegador. É totalmente gratuita con fins estrictamente educativos. O seu nome é Ardora e con ela pódense crear máis de 20 tipos distintos de actividades: encrucillados, sopas de letras, completar, paneis gráficos, reloxos, etc.
    Se queres ver algún exemplo, dende a web do cole de Palmeira mira as actividades do Rato Paco.


    Comentarios

    1.11.05

    Magosto

    Como tódolos anos chega o magosto e temos que buscar materiais para traballar na aula. Sinto non ter nada novo que ofrecer, polo tanto máis do mesmo...


    Comentarios

    This page is powered by Blogger. Isn't yours?