<$BlogRSDUrl$>

28.3.05

Especial "Letras Galegas 2005" da BVG

Como en anos anteriores, a Biblioteca Virtual Galega ven de publicar un especial sobre as Letras Galegas 2005 adicado ao poeta do exilio Lorenzo Varela.
O Especial está formado polos seguintes apartados: Pensamento de Lorenzo Varela; Homenaxes; Estudos; Os nosos lectores; Eventos; Galería Multimedia e Bibliografía.

Comentarios

16.3.05

O galego en perigo

Pódese ler no diario dixital de NNTT en galego "Código Cero", que "O monopolio do inglés en Internet pode acabar coa metade das linguas do mundo". Pode ser un titular un pouco esaxerado, pero o aviso aí queda. Animémonos a consumir e crear software en galego, e se pode ser de balde, mellor.

Comentarios

11.3.05

Etnonet 1.0 - Descubre Galicia

No portal educativo da Xunta acaban de poñer ligazóns ás webs onde están os distintos PREMIOS SIEGA 2004. Non puiden ver demasiado pero si atopei recursos verdadeiramente interesantes. Está tamén o accésit que obtiven na Modalidade B (recursos educativos en contorno web) de Primaria: o Hotpotatoes que chamei Etnonet 1.0 - "Descubre Galicia". Foi un traballo inconcluso en certa medida -pois pretendía abarcar diferentes aspectos culturais e xeográficos de Galicia-, pero o tempo é o tempo e quedou nunha pequena aproximación ao proxecto centrándome tan só en recoñecemento de lugares da nosa Terra.


Comentarios

9.3.05

Bitácoras galegas

Fedellando nas estatísticas de esta páxina topei unha entrada dende o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia . Recoñezo que non coñecía a súa web, pero o que de verdade me impresionou foi a sistematización das bitácoras galegas (hai ausencias significativas que agardo subsanen co tempo).

Comentarios

8.3.05

Día da muller traballadora

Hoxe 8 de marzo celebramos do Día da Muller Traballadora. Se queredes traballar o tema na aula, podedes utilizar a magnífica Unidade Didáctica de "Vieiros da Escola".

Comentarios

1.3.05

And the winner is...

Aí vai o listado dos premiados nos Siega 2004:

(Se queredes consultar os autores, centros educativos dos premiados ou cuantía dos premios vede o DOG de hoxe 1 de marzo ou clicade aquí. É unha mágoa que a revista coa descripción dos traballos non se mande aos centros).

NORABOA A TÓDOLOS PREMIADOS !!!


Comentarios

Entregados os Premios Siega 2004

Nun acto similar ao da pasada edición, asistín no Pazo de Congresos de Santiago aos II Premios Siega. Polos pasillos escoitábanse voces contrarias á decisión do xurado de declarar desertos algúns dos premios principais e crear con eses cartos diferentes accésits nas diferentes categorías. Entendo o malestar dos que se consideraron enganados, aínda que persoalmente penso que un maior número de premios anima a participar a máis docentes. As cuantías excesivas dalgúns premios dificilmente se xustifican. Agardemos que na seguinte edición se amplie o número dos premios previstos na convocatoria dende un principio para evitar equívocos.

Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?