<$BlogRSDUrl$>

21.4.05

Plan anual de formación dos CEFORES 2005-06

Dende o Portal Educativo da Xunta podemos descargar o "Plan anual de formación do profesorado 2005-2006". Podedes botarlle unha ollada. Hai propostas interesantes que irei debullando outro día.


Comentarios

18.4.05

A Revolución dos Cravos

Puntuais á súa cita xa temos o novo número de "Vieiros da Escola" esta vez adicado á Revolución dos Cravos que lle devolvería a liberdade ao pobo portugués naquel lonxano 25 de abril de 1974. Un bó momento para traballar o tema cos nosos alumnos de Secundaria.


Comentarios

11.4.05

Premios CNICE no BOE

No BOE do venres 1 de abril (Orde do 11 de marzo) convocaron premios a materiais educativos curriculares en soporte electrónico que poidan ser utilizados e difundidos en Internet. Presentan dúas modalidades: a)Dirixido a entidades e persoas físicas e b) Centros escolares.

Comentarios

9.4.05

SoftLibre-Edugal

Acábase de crear unha lista de correo sobre o Software Libre no ensino non universitario en Galicia. Está alonxada en Yahoo Groups e se queres particpar neste intercambio de experiencias podes unirte enviando un E-mail valeiro ao seguinte enderezo: softlibre-edugal-subscribe@yahoogroups.com

Comentarios

6.4.05

A Caza do Tesouro

Un dos recursos máis empregados no mundo anglosaxón para iniciar aos alumnos na busca en internet é o "Treasure Hunt" ou "Caza do Tesouro". O nivel de complexidade é menor que nas WebQuests polo que poden utilizarse como un paso previo a estas. Tamén poden integrarse perfectamente noutras aplicacións como o HotPotatoes. Consiste en respostar a unha preguntas concretas sobre un tema a partires da información que poden obter dunhas ligazóns que se proporcionan (co que se asegura unha navegación segura pola rede). Ao final terán que contestar á "Gran Pregunta", xa non tan concreta e que demandará do alumno un traballo de desenvolvemento (de menor complexidade que nunha WebQuest).
De novo son os de Aula21 os que nos proporcionan un Xerador en Liña de este interesante recurso.


Comentarios

5.4.05

Avance cualitativo

Na xornada de hoxe producíronse dúas novas importantes para a galeguización deste pechado mundo das Novas Tecnoloxías: por unha banda acaban de presentar a bombo e platillo o paquete ofimático Office 2003 en galego, e pola outra -de xeito máis restrinxido e timidamente- o paquete Openoffice 1 1 4 en galego, para linux e windows a cargo de Roberto Abalde e equipo de voluntarios.

Busquen, comparen e DECIDAN.


Comentarios

Xerador de Webquests

Un dos recursos con máis posibilidades para o traballo en secundaria coas NNTT son as Webquests. Dende o punto de vista metodolóxico supón un avance cualitativo frente a outras propostas menos arriscadas e claramente conductistas como os formularios do hotpotatoes ou inclusive o JavaClic. Os de aula21 ofrecen dende hai uns anos un excelente titorial e xerador de WQ que entre otras linguas podemos poñela en galego. Xa que a interesante proposta de lanzadeira.net de facer unha biblioteca de webquests en galego quedou tan só en boas intencións, podemos utilizar esta excelente ferramenta.


Comentarios

This page is powered by Blogger. Isn't yours?